luns, 17 de xuño de 2019

A única maqueta que representa ao Sistema Solar a escala



As cifras reais de distancia que hai entre planetas impide unha representación fidedigna. Tendo en conta que se o planeta Terra tivese as mesmas dimensións que unha canica calquera se necesitarían máis de doce quilómetros de espazo para poder representar a órbita pola que transcorre Neptuno, o planeta máis afastado do Sol ( Plutón xa non conta con este rango, xa que nese caso requiriríase aínda de máis espazo). Deste xeito, e xa que as pantallas de computadores, de dispositivos móbiles televisores, os libros de texto e as lousas non contan con 7.000 metros de espazo, é totalmente comprensible o emprego desta escala irreal á que estamos habituados. Pero Wylie Overstreet e Alex Gorosh lanzáronse a construír a primeira maqueta a escala do sistema solar. Reuniron a un grupete de amigos, encheron unha furgoneta dos materiais necesarios e puxeron rumbo ao deserto de Nevada para crear a maqueta máis grande da historia e a única que representa o sistema solar a escala real nunha experiencia que recolleron neste vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario