xoves, 21 de novembro de 2019

Aventuras mercurianas en el IES Saturnino Montojo

O día 12 de xuño, o alumnado de 3º de ESO fixo un representación teatral no salón de actos. A temática das pezas xira arredor do sistema solar, específicamente Mercurio, planeta que representamos, e os problemas medioambientais que inquietan a Terra.
Os guións foron ideados e redactados polo alumnado, que tamén colaborou na escenografía, vestiario e efectos especiais.
Para a dramatización contaron coa inestimable axuda de dous alumnos do ciclo de VídeoDJ, sen os cales non tería sido posible o éxito acadado.


https://photos.google.com/share/AF1QipNGjGNau6SMYu_o1px55d9L2YGNL0YX9dq2keIc6hZspgP2osL19WISnfonKgwIDw?key=WnlOVEVkd242RU1aYUNrUE9Nb1cwRV9aMlBxaHlR


Os sketchs representados foron os seguintes:
Unha historia apocalíptica
Tráxico  
Narración apocalíptica sobre Mercurio que afonda na problemática dos conflitos políticos que poden provocar a destrución.
O intercambio
Unha cómica aventura entre terrestres e mercurianas.
Unha divertida aventura interplanetaria que trata a temática mediambiental con sentido positivo e moito humor.
Carapuchiña mercuriana
Conto tradicional.
Unha versión mercuriana do conto tradicional na que se adaptaron os personaxes e algunha situación para que resultase máis galáctica.

Amores galácticos
Inspiración mitóloxica.
Unha historia de inspiración mitolóxica que ficciona a creación do sistema solar a través dun episodio de amoríos algo liados.
Chegados de Mercurio para salvar a Terra
Mercurio salva a Terra dos lixos medioambientais.
Mercurio salva a Terra dos inconscientes que non se preocupan por manter o planeta limpo para que a vida continúe e por moito tempo.
Mercuriana loitadora
Concienciación medioambiental.
A necesidade de conservación da Terra para que siga a ser un espazo vital, é a base deste relato que ten como finalidade concienciar sobre os problemas medioambientais do noso planeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario