O día 12 de xuño, o alumnado de 3º de ESO fixo un representación
teatral no salón de actos. A temática das pezas xira arredor do sistema solar, específicamente
Mercurio, planeta que representamos, e os problemas medioambientais que
inquietan a Terra.
Os guións foron ideados e redactados polo alumnado, que tamén colaborou na escenografía, vestiario e efectos especiais.Para a dramatización contaron coa inestimable axuda de dous alumnos do ciclo de VídeoDJ, sen os cales non tería sido posible o éxito acadado.
