Este blog quere achegar os traballos realizados por centros de Ferrolterra sobre o noso Sistema Solar dentro dun proxecto que se iniciou no curso 2018/19
luns, 1 de xullo de 2019
martes, 25 de xuño de 2019
mércores, 19 de xuño de 2019
Paulino Gasalla visitou NeptuNeda
Parte da galería corresponde ao traballo dos alumnos de 1ºESO que quixeron recibir a Paulino Gasalla, exprofe no noso centro, fantástico divulgador e engaiolador de curiosos espaciais.
Moitas grazas por virnos a abrir unha pequena fiestra ao espazo!
martes, 18 de xuño de 2019
luns, 17 de xuño de 2019
A única maqueta que representa ao Sistema Solar a escala
As cifras reais de distancia que hai entre planetas impide unha representación fidedigna. Tendo en conta que se o planeta Terra tivese as mesmas dimensións que unha canica calquera se necesitarían máis de doce quilómetros de espazo para poder representar a órbita pola que transcorre Neptuno, o planeta máis afastado do Sol ( Plutón xa non conta con este rango, xa que nese caso requiriríase aínda de máis espazo).
Deste xeito, e xa que as pantallas de computadores, de dispositivos móbiles televisores, os libros de texto e as lousas non contan con 7.000 metros de espazo, é totalmente comprensible o emprego desta escala irreal á que estamos habituados.
Pero Wylie Overstreet e Alex Gorosh lanzáronse a construír a primeira maqueta a escala do sistema solar. Reuniron a un grupete de amigos, encheron unha furgoneta dos materiais necesarios e puxeron rumbo ao deserto de Nevada para crear a maqueta máis grande da historia e a única que representa o sistema solar a escala real nunha experiencia que recolleron neste vídeo.
martes, 11 de xuño de 2019
Órbita Laika está de volta
‘Orbita Laika’ vuelve á 2 en prime time cun formato renovado e novo presentador. O programa de ciencia, que xa comezou a gravar a súa nova tempada, aposta polo science show, con explicacións para todos os públicos e experimentos que demostren como funciona a ciencia. Novos colaboradores expertos en diversas materias únense ao programa, producido por RTVE en colaboración con K 2000 e co asesoramento científico da Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



