Este blog quere achegar os traballos realizados por centros de Ferrolterra sobre o noso Sistema Solar dentro dun proxecto que se iniciou no curso 2018/19
Durante el curso 2018-19 alumnos de matemáticas académicas de 3ºESO construyeron una maqueta del sistema solar con los planetas Mercurio, Venus, La Tierra y Marte y alumnos de 1ºESO programaron los MBOTs para simular su movimiento alrededor del Sol.
En este vídeo se recoge la exposición sobre la construcción de la maqueta, la situación de los planetas el día de la exposición, el 19 de junio de 2019 y la simulación del movimiento de los planetas.
Al principio de este curso 2019-20 dos alumnos voluntarios, ahora en 4ºESO, expusieron a sus compañeros de 1ºESO la maqueta, el movimiento de traslación y la posición de los planetas en el mes de octubre. Respondiendo a la pregunta, ¿qué planetas podemos ver en el cielo este mes?
O día 12 de xuño, o alumnado de 3º de ESO fixo un representación
teatral no salón de actos. A temática das pezas xira arredor do sistema solar, específicamente
Mercurio, planeta que representamos, e os problemas medioambientais que
inquietan a Terra.
Os guións foron ideados e redactados polo alumnado, que tamén colaborou na escenografía, vestiario e efectos especiais.
Para a dramatización contaron coa inestimable axuda de dous alumnos
do ciclo de VídeoDJ, sen os cales non tería sido posible o éxito
acadado.
O alumnado de Primaria de 4º, 5º e 6º participa representando a Plutón nun Proxecto qno que participa xunto a 9 centros de Ferrolterra con nenas e nenos de diferentes idades.
A idea partiu do CIFP "Ferrolterra" que engaiolounos co seu entusiaismo polas órbitas, medidas, escalas...compartindo con todos nós os datos técnicos elaborados polo seu grupo de Formación Profesional, e convencéndonos de que "si o Sol esivera no patio do seu centro... a órbita de Plutón pasaría polas portas do noso".
E así máis ou menos, ata acadar unha rica e variada participación intercentros que durante o primeiro trimestre investigou para coñecer o seu astro e presentarllo ao resto.
Os participantes somos:
En Ferrol:
O Sol, CIFP "Ferrolterra"
Mercurio, IES "Saturnino Montojo".
Venus, IES, "Sofía Casanova"
Terra, CEIP "Recimil"
Marte, CEIP "Esteiro"
Xúpiter, IES "Canido"
Saturno, IES " Catabois"
Urano, IES "As Telleiras" Narón.
Neptuno, IES "Fernando Esquío" Neda.
Plutón, CEIP "Couceiro Freijomil" Pontedeume.
Os "plutonianos" logo de investigar na biblioteca, na rede, con axuda dos materiais compartidos...
decidimos elaborar entre as seis aulas unha carta de presentación científica e imaxinativa. Partimos dun saúdo presentando datos do noso planeta anano para pasar a desenvolver unha imaxinativa sociedade, cos seus habitantes, costumes, linguaxe...e unha despedida de Nadal.
Xuntámonos todas e todos na biblioteca para ver o traballo conxunto e enviar por correo estelar a nosa primeira aportación ao proxecto.
O último día de clase chegaron outros correos estelares máis abrirémolos todos á volta de vacacións.
Ollade aquí unha referencia do correo interestelar que chegou á Terra. Está o noso! Védelo xa encadernado?
Seguiremos informando!
Xa rematado o Nadal, voltamos ás aulas. Na escola esperaba aos nenos e nenas do Proxecto Intercentros de 4º, 5º e 6º de primaria o correo do Sistema Solar. O Sol, e todos os planetas que xiran arredor del, recibiran a súa carta de presentación e respostáronlles.
Logo de lelo, expuxérono para toda a Comunidade Escolar.
Agora no segundo trimestre, pendentes das actividades conxuntas cos outros centros , nas aulas de 4º investigarán na relación da mitoloxia e os planetas, nas de 5º elaboraran libros de lapelas en pequeno grupo sobre diversos aspectos do Sistema Solar, mentres en 6º centraranse nunha análise máis técnica: tamaño, densidade, órbita, escalas...
Parte da galería corresponde ao traballo dos alumnos de 1ºESO que quixeron recibir a Paulino Gasalla, exprofe no noso centro, fantástico divulgador e engaiolador de curiosos espaciais.
Moitas grazas por virnos a abrir unha pequena fiestra ao espazo!
As cifras reais de distancia que hai entre planetas impide unha representación fidedigna. Tendo en conta que se o planeta Terra tivese as mesmas dimensións que unha canica calquera se necesitarían máis de doce quilómetros de espazo para poder representar a órbita pola que transcorre Neptuno, o planeta máis afastado do Sol ( Plutón xa non conta con este rango, xa que nese caso requiriríase aínda de máis espazo).
Deste xeito, e xa que as pantallas de computadores, de dispositivos móbiles televisores, os libros de texto e as lousas non contan con 7.000 metros de espazo, é totalmente comprensible o emprego desta escala irreal á que estamos habituados.
Pero WylieOverstreet e Alex Gorosh lanzáronse a construír a primeira maqueta a escala do sistema solar. Reuniron a un grupete de amigos, encheron unha furgoneta dos materiais necesarios e puxeron rumbo ao deserto de Nevada para crear a maqueta máis grande da historia e a única que representa o sistema solar a escala real nunha experiencia que recolleron neste vídeo.
‘Orbita Laika’ vuelve á 2 en prime time cun formato renovado e novo presentador. O programa de ciencia, que xa comezou a gravar a súa nova tempada, aposta polo science show, con explicacións para todos os públicos e experimentos que demostren como funciona a ciencia. Novos colaboradores expertos en diversas materias únense ao programa, producido por RTVE en colaboración con K 2000 e co asesoramento científico da Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.
Achado o cadáver dun planeta como a Terra. Unha estrela moribunda a 400 anos luz mostra como será o sistema solar cando o Sol apáguese: "Sistema solar, dentro de 5.000 millóns de anos. O Sol morreu. Antes de agonizar, tragouse a Mercurio, Venus e a Terra. Marte é o último planeta rochoso que segue existindo. É un enigma se parte dos planetas arrasados sobreviviu e seguen orbitando o cadáver da súa estrela".
Un equipo internacional de astrónomos atopou outra estrela que permite viaxar ao futuro do noso sistema solar e responder esa pregunta. Está a 400 anos luz e é unha anana branca, un astro parecido ao Sol que fai miles de millóns de anos esgotou o seu combustible de hidróxeno.... Seguir lendo en El País
Partindo de que
as matemáticas son utilizadas hoxe en día, e fórono en toda a historia por
todas as culturas no noso planeta, porque son imprescindibles para calquera
civilización, determinamos que en Neptuno tamén o serían. Por tanto cremos que
os habitantes de Neptuno deben de ter o seu propio sistema de numeración.
O sistema de
numeración decimal está directamente relacionado co número de dedos que temos
nas nosas mans. Como serán “as mans” dos neptunianos?
Os símbolos que
utilizamos para representar as cifras e as operacións son creacións humanas.
Entón crearemos os símbolos Neptunianos para as cifras que se necesiten no seu
sistema de numeración, e para as súas operacións.
Sistema de
numeración Neptuniano:
Cada alumno debe
realizar un debuxo no que represente unha man dun habitante de Neptuno.
Determinará cal é a base do seu sistema de numeración en función do número
total de dedos que teñan nas súas mans neptunianas.
Deseñará os símbolos
necesarios para as súas cifras e as súas operacións.
Todos escribirán cos seus
símbolos o número 231 e, tendo en conta a base de que se trate en cada caso,
pasarano ao noso sistema decimal
En 1989 la sonda
espacial Voyager-2 alcanzó las inmediaciones de Tritón, la luna más grande de
Neptuno. Las fotografías que tomó a su paso revelaron seis satélites
interiores, hasta entonces totalmente desconocidos. Treinta años después, este
gigante helado, el planeta más lejano del Sistema Solar, continúa desvelando
sus secretos: el miércoles la revistaNature publica los detalles de una séptima luna interior, Hipocampo,
que eleva a 14 el número total de satélites de Neptuno. El hallazgo aporta,
además, nuevas claves sobre los fenómenos que dieron origen al cortejo de
astros que orbita a su alrededor.
La nueva luna,
que ha sido bautizada con el nombre de una criatura marina de la mitología
clásica, es la más pequeña de las que rodea Neptuno. Tiene un diámetro
medio de unos 34 kilómetros y sigue una órbita de sólo 12.000, que
discurre siempre cerca de Proteo, la mayor de esas seis lunas interiores
descubiertas por la Voyager-2. "Nuestros resultados sugieren que Hipocampo
es, en realidad, un antiguo fragmento de Proteo", escribe Mark Showalter,
investigador del Instituto SETI en California y autor principal del artículo.
Este curso embarcámonos nun proxecto intercentros. No CFPI
Ferrolterra viron que representando o Sistema Solar a escala e sendo eles o
Sol, o resto de planetas coincidían con varios centros escolares:
Mercurio (un pouco desubicado); IES Saturnino Montojo. Venus; IES Sofía Casanova. Terra; CEIP Recimil. Marte; CEIP Esteiro. Xúpiter; IES Canido. Saturno; IES Catabois. Urano; IES As Telleiras. Neptuno nos IES Fernando Esquío. Plutón rescatado; CEIP Couceiro Freijomil.